Mozos docentes da ciudade de Lugo chegan ao Melga para coñecelo a través dunha visita guiada

Vinte profesores da cidade de Lugo desprazáronse, neste día festivo do primeiro de maio en xornada matinal, entre eles atopábanse profesores de educación física, mestres de infantil, técnicos deportivos,… todos eles organizados polo profesor Pedro Neira (ex–alumno do director do museo), a Ponteceso para visitar por primeira vez o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA).

A duración da sesión durou preto de catro horas de percorrido polas salas do museo, exercitándose naqueles xogos tradicionais, escoitando as explicacións do guía e collendo apuntamentos, en todo momento, para impartir en futuras clases aos seus discípulos.

Durante a visita, uníronse ao grupo varias familias cos seus fillos e persoas maiores que, aproveitando a festividade de San Xosé Obreiro, solicitaran a súa participación na sesión lúdica. A conexión foi excelente e os docentes puideron escoitar de viva voz, por parte das persoas maiores, algunhas anécdotas e maneiras de xogar, na infancia, con respecto aos seus xogos tradicionais predilectos. En total formouse unha “familia lúdica” de medio centenar de persoas de tres xeracións. Os grupos particulares procedían de Santiago de Compostela, Betanzos e Abegondo.

Aínda sendo unha sesión moi extensa, catro horas, os alí participantes na visita, desexaban mais e mais coñecementos para resolver e clarificar algunhas dúbidas que aínda tiñan. Unha xornada especial cos nosos docentes galego.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.