Na Fundación Eduardo Pondal realizáronse xogos e deportes tradicionáis co Melga para nais, pais, profesorado e nenos e nenas

Nunha das salas da planta baixa da Fundación Eduardo Pondal, o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) foi convidado, outra vez máis, polo seu xerente José María Varela, a participar cunha actividade de xogos e deportes tradicionais galegos, cuxo título era “ Xogos de sempre” dentro do programa ESPAZO EDUCAR que onte tarde ás 17,00 h. deuse por iniciado o certame educativo lúdico.

A sesión inaugural correspondía, por unha banda no seu parte teórica, a unha conferencia sobre o “Acceso á tecnoloxía: usos, tempos e xogos dixitais” coa profesora Luz Castro Pena da Universidade da Coruña e por outra, co noso presidente/director da Fundación Ricardo Pérez e Verdes e do MELGA respectivamente, desenvolvendo unha práctica sesión de “Xogos de sempre”.

Na Fundación Eduardo Pondal realizáronse xogos e deportes tradicionáis co Melga para nais, pais, profesorado e nenos e nenas

Ambas as actividades foron un éxito en participación presencial, xa que o aforo quedou curto e menos mal que houbo separación de actividades, porque as persoas maiores (pais, nais, profesores/ as) escoitaron a disertación da profesora Luz Castro e os nenos e nenas practicaron os xogos alí planificados por Ricardo Pérez, pois seguramente algúns dos asistentes quedáronse fóra das actividades seleccionadas.

Con case dúas horas de sesión teórico-práctica, todos os asistentes levaron un gran “pouso” de coñecementos sobre os xogos dixitais e os xogos tradicionais galegos, esperando xa ao próximo xoves día 28 que se desenvolverá a segunda xornada do programa Espazo Educar.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.