No día grande do V Aniversario tamén únese á festa os contacontos na Biblioteca Municipal de Ponteceso

Noso Gran Día de Aniversario, do MELGA e da Fundación Ricardo Pérez e Verdes, despois de case doce horas de intenso labor, mañá e tarde, realizouse durante este espazo de tempo, diferentes e variadas actividades nas instalacións do Centro Cultural, tanto no campo exterior de xogos, como na sala de conferencias, a biblioteca e nas salas expositivas do Museo Etnolúdico de Galicia.

Entre elas e como broche final da xornada, ás 18,30 h. na Biblioteca municipal, de levou a cabo unha sesión de contacontos, con moito público infantil, cuxa achega ao aniversario da actividade, correu a cargo do departamento, que dirixe o edil Carlos Penedo, de Patrimonio, Biblioteca, Educación e Política Lingüística do concello de Ponteceso dentro do programa ”Ler conta moito” para nenos e nenas entre os 3 e 8 anos. A Gran Lilí Gruyere, da compañía TRINQUE TRINKE representou o espectáculo “ Pajaritos”. O programa de dinamización de lectura está dirixido a promover o achegamento aos libros e ás bibliotecas como punto de encontro infantil e xuvenil.

Como sempre ao invitado nesta ocasión, o organizador do V Aniversario, se lle fixo entrega a actriz do espectáculo unha placa conmemorativa pola súa participación no devandito evento, agradecendo deste xeito a súa colaboración co seu magnífico e brillante espectáculo.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.