O British School regresa ao Melga na súa cita anual

Outro ano máis, o colexio British School da Coruña visítanos por estas datas do mes de novembro, cun grupo, como nesta ocasión, de preto de corenta alumnos/ as de 3 e 4 anos de idade, que viñeron acompañados polas súas profesoras Nicola Jeken titora de educación infantil, Giacinta Gartlend, Emma Ferreiro, Ana García como profesoras de apoio e coordinando o grupo Alexandra Vasallo do Departamento de Orientación.

A visita tivo unha duración de case dúas horas, a pesar da curta idade dos visitantes, o grupo desenvolveu unha sesión teórico-práctica digna de mención. Como o ano pasado, a charla foi desenvolveu en idioma bilingüe en español e inglés. En xeral a visita guiada, como sempre que contamos cun grupo de “peques” a sesión foi eminentemente práctica e moi ilustrativa, non deixando de participar tanto alumnos como profesoras dos xogos alí aplicados. Non faltaron os xogos de procura do tesouro tradicional, a construción de castelos, as loitas, os baleros, loios, etc. que nalgún momento demostraron a súa capacidade de interpretación dos mesmos cun gran interese e competitividade innata.

Un gran día para todos, pero abrigo para estes infantes que romperon a súa rutina diaria para asisitir connosco dunha sesión lúdica especial e adaptada. O día como era espléndido, finalizárono polas rúas de Ponteceso, visitando a Casa de Eduardo Pondal e xantando na praia de Balarés, regresando sobre as 15,00 h. á Coruña.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.