O CEIP Anexa de Prácticas de A Coruña experimentou unha xornada de xogos e deportes tradicionáis galegos con motivo dos patios dinámicos na escola

Coa totalidade dos alumnos/ as e profesoras/é do Colexio Público Anexa de Prácticas, antigo centro Normal de Maxisterio da Coruña, aproximándose aos de 300 nenos e nenas de infantil e primaria, comprendidos desde os 3 e os 11 anos de idade, desenvolveuse una actividade por primeira vez unha experiencia nova e pioneira, organizada pola Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), como foi encher os patios do centro e convertelos en dinámicos a través dos nosos xogos e deportes tradicionais galegos.

A xornada matinal de 9,00 h a 14,00 h. que se planificou, despois de máis de 5 horas de intenso traballo recreativo e lúdico, os primeiros en invadir as zonas de recreo foron os máis pequenos (3-4 e 5 anos) que de 9,00 a 11,00 h. practicaron doce xogos diversos, coas adaptacións adecuados a nenos e nenas con algún problema de mobilidade ou autismo. Os maiores (6 a 11 anos), durante 3 horas, practicaron 13 xogos, algúns adaptados como os anteriores e finalmente levou a cabo o concurso de “ Turra dá maroma” entre todos os grupos, obtendo o campionato os alumnos/ as de sexto de primaria. Como “fanfurriñeiros” que eran, os alumnos/ as retaron aos profesores, profesoras e monitores a dúas tiradas e de novo foron os dignos vencedores.

 

O CEIP Anexa de Prácticas de A Coruña experimentou unha xornada de xogos e deportes tradicionáis galegos con motivo dos patios dinámicos na escola

 

Unha sesión matinal distinta ás desenvoltas ata a data, xa que os discentes tomaron tanto os xices para pintar os campos de xogo, colocaron os materiais, como para practicar os xogos e deportes programados. Plena complicidade entre todos os asistentes do centro e a organización do evento.

Hai que destacar a extraordinaria colaboración de todo o profesorado, as/vos coidadoras, al ANPA do centro, e sobre todo a orientadora que estableceu nuns paneis unhas normas adaptadas para todas aquelas persoas con dificultadas de comunicación, lectura e comprensión e sen dubidalo a Juan Rodríguez Lorenzo, director do centro, que estivo pendente en todo momento, e que coa súa axuda o acontecemento podémolo considerar como exitoso. Polo acontecido pensamos que de inmediato xa nos poñemos a preparar a xornada do próximo ano 2020.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.