O CEIP. Os Muiños de Muxía regresan ao Melga

Despois de varios anos sen desplazarse ao MELGA de Ponteceso, esta semana recibimos, en sesión matinal, de novo aos alumnos e alumnas do CEIP. Los Molinos da localidade de de a Costa da Morte de Muxía (A Coruña). O grupo compoñíano mais de medio centenar de discentes, acompañados dos seus profesores titores Xan Xesús Rodríguez, María José Abelleira e Begoña Blanco que exercía de representante e organizadora da visita guiada ademais de ser a Xefa de Estudos do centro docente.

 

O CEIP. Os Muiños de Muxía regresan ao Melga

Os escolares correspondían aos cursos de 1º, 2º, 3º, 4º e 5º de primaria entre os 6 e os 10 anos de idade. A duración da sesión lúdica-cultural foi aproximadamente de dúas horas e cuarto, pois erao tempo único que dispoñían para dita sesión, pero foi moi proveitosa e enriquecedora. Un grupo moi interesado en todo o que alí se expoñía, gozando ao máximo de todos os xogos tradicionais galegos e do mundo practicándoos ao máximo das súas calidades e habilidades. Como de costume os profesores/ as tamén realizaron as súas prácticas concursando tanto cos seus alumnos/ as como co guía do museo.

Un mañá diferente dentro das actividades extraescolares do centro que a todos sóubolles a pouco e prometeron que volverían cunha xornada ao completo de maña e tarde, tamén para coñecer a contorna da vila pontecesá

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.