O centro de turismo ecuestre O ventoso de Erboedo de A Laracha chega ao Melga de Ponteceso

Hai un ano xustamente por estas datas, un grupo de vinte e cinco nenos e nenas entre os 6 e os 13 anos de idade do Campus do Centro de Turismo Ecuestre O Ventoso-Actividades Lúdico-Deportivas de Bergantiños S.L.U. de Erboedo da Laracha, coas súas monitoras Paula Álvarez e Miriam Sánchez que exercía de directora do Campus, arribaron por segunda vez, ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) para realizar unha visita guiada.

 

O centro de turismo ecuestre O ventoso de Erboedo de A Laracha chega ao Melga de Ponteceso

 

A mañá transcorreu durante case tres horas polas salas do museo escoitando as indicacións do guía e practicando os xogos e deportes tradicionais alí propostos. Tentaron bater algunhas marcas establecidas nos xogos, pero non o conseguiron, aínda que non cejaron no empeño. O gañador da sesión cultura-lúdica foi para o neno de 13 anos Abraham González, que se alzou co premio dunha pequena colección de peonzas, buxainas, perinolas e perindolas.

Seguen visitándonos moitas persoas de diferentes lugares de Galicia e sobre todo doutras comunidades de España, sen dúbida, os madrileños son os máis cuantiosos.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.