O colexio Andaina de A Coruña foi o primeiro grupo en asistir a unha visita guiada ao Melga neste año 2021

Onte mércores día 20 de xaneiro, en sesión matinal, tivemos a ocasión de recibir no Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), ao primeiro grupo do recentemente comezado ano 2021 e que correspondeu ao colexio Andaina Sociedade Cooperativa Galega da Coruña.

Os compoñentes do grupo correspondías a alumnos/ as de 3º de Educación Infantil (5 anos), acompañados polas súas profesoras titoras Carla Mª González e Carmen Outeiros que era a representante e coordinadora do grupo, así como varios pais. En total foron 25 persoas das cales 20 eran discentes, dous docentes e 3 acompañantes.

Os nenos e nenas do centro escolar soamente realizaron a visita guiada da primeira sala, a do xogo e deporte tradicional, deixando para máis adiante, noutra nova visita, a segunda sala do museo. A actividade tiña como obxectivo final, o comprobar “in situ” todo aqueles xoguetes, xogos e deportes do noso patrimonio galego, pois no último trimestre do ano pasado (2020) desenvolveran nas súas aulas, talleres de confección dos mesmos, estudado as normas, etc. e no museo desenvolverían as prácticas dos mesmos, ademais de coñecer outros novos xogos e deportes dos cales eles e profesoras descoñecían.

Como era de esperar, os asistentes á visita guiada, cumpriron todas as normativas gobernamentais, desde a proba da temperatura, luvas, hidrogel, máscaras, ventilación e número máximo de participantes.

A experiencia foi moi positiva e o grupo de nenos/ as realizaron unha visita guiada estupenda, co interese propio de nenos de tan curta idade, pero a mesma parecíalle moi curta. Aínda que tentaron bater algún record, non foi posible, aínda que estiveron preto diso. As profesoras e acompañantes, como de costume nas nosas sesións, implicáronse práxicamente en todos os xogos programados. Felicitacións para todos!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.