O colexio Artai de Carballo regresa de novo ao Melga

O Colexio Privado de Ensino ARTAI de Carballo, regresou esta mañá ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) por terceiro ano consecutivo. Nesta ocasión o grupo conformábano nenos e nenas de 6 e 7 anos de idade (Iº e2º de Primaria) e o seu número excedían o medio centenar. Todos eles viñan acompañados polas súas profesoras/titoras Sara Díaz e María Josefa García que exercía de coordinadora do ciclo.

Durante máis de dúas horas de visita guiada, non deu a tempo a que os docentes puidesen completar o percorrido, pois a segunda sala quedou para outra próxima ocasión, aínda que todos eles participaron dos xogos e deportes tradicionais galegos, tentando demostrar as súas habilidades motrices, pero en exclusiva da primeira das salas. Todos desexaban quedar para proseguir o percorrido, pero as normas colexiais, priváronlles de continuar toda a mañá, interesándose polos xogos e explicacións, que lles pareceron, tanto ás profesoras como os escolares, un acerto en volver de novo ao MELGA.

O premio da visita concedéuselle ao alumno de 7 anos Aaron Pallas, que obtivo unha colección de peonzas, buxainas, perinolas e perindolas, obsequio da dirección do museo.

O colexio Artai de Carballo regresa de novo ao Melga

Como feito importante da sesión lúdica, algúns nenos e nenas do grupo participaron dunha experiencia nova presentada polo noso director, que consistiu en realizar, ao final da visita guiada, a confección de xogos de taboleiro da cultura castreja, xogos do pai-nai-fillo, muíño e o alquerque a 9, onde a parte motriz era o importante.

Foi un éxito dita proposta experimental, que será presentada proximamente, ao XI Congreso Internacional en Albarracín (Teruel) de aquí a uns días. Agradecemos ao centro ARTAI a súa colaboración e posta en práctica do devandito traballo investigativo.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.