O Colexio público María Pita de A Coruña pecha as visitas ó Melga do curso 2016-2017

Hoxe xoves día 22 de xuño, de 12,30 h. a 15,00 h., visitounos o segundo grupo do día, o Colexio Público María Pita da cidade herculina, nun número de 50 alumnos/as de 5º de educación primaria, de entre os 10 e os 11 anos de idade. Viñeron acompañados dos seus profesores Luís Martínez e Adriano Pita como coordinador de actividade. A xornada lúdica transcorreu, durante máis de dúas horas e media, cun gran interese as explicacións dadas polo director do centro museístico así como da práctica levada a cabo con xogos e deportes tradicionais galegos e doutras comunidades españolas. Rematada a mesma, nos participaron que fora unha agradable sorpresa  o coñecer de primeira man o MELGA,  pois  descoñecían da existencia do devandito museo.

Todos  os visitantes desexaron que pronto se repetise a experiencia para volver ou ben cos seus familiares, nalgún campamento urbano de verán ou de novo no próximo curso.  FELICES  E MERECIDAS VACACIÓNS A TODOS!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.