A Fundación Ricardo Pérez e Verdes, esta mesma semana, ampliou os seus fondos museísticos despois de adquirir algunhas pezas importantes, así como de doazóns dalgúns amigos do MELGA de Ponteceso.

Nesta ocasión, a Fundación obtivo unha peza orixinal de gran valor para o mundo lúdico, pois se trata dun xogo de taboleiro ancestral de principios do século XIX, do país africano de Mauritania. Aínda que o xogo en se mesmo ten unha antigüidade duns 4.000 anos ( Neolítico), ao comezo da súa creación, nunca se xogaba sobre un taboleiro, como o atopado por nós nun anticuario, senón sobre a propia terra ou mellor sobre a area do deserto.

A peza decimonónica localizada, é de madeira de ébano, con incrustaciones de debuxos vermellos e negros, moi ben conservada, seguramente dalgunha familia tribal podente. Ao taboleiro únenselle sete dados, en forma de paus longos duns 30 cms., cunha cara lisa en cor branca e outra bombeada con debuxos xeométricos.

Este xogo é coñecido cos nomes de SINGH ou ESSIKH, e é practicado case exclusivamente por mulleres, aínda que os homes tamén o desenvolvían. Era de cálculo mental que se podía xogar por parellas (a maioría das veces) ou por equipos, sobre todo na época do Ramadán musulmán. A estratexia consistía en saber mover con habilidade máis dunha ficha para comer (CAPTURAR) as do inimigo antes de que este alcance as nosas. Gaña aquel que deixa ao inimigo sen fichas para mover no taboleiro. A partida é rápida de execución e adoita durar ao redor dunha hora aproximadamente.

Outra peza orixinal e exclusiva, que os nosos visitantes ao MELGA poden observar, xa que nestes momentos atópase exposta nas vitrinas do museo, na sección de xogos e deportes do mundo.

 

El Melga sigue ampliando sus fondos museísticos

 

Tamén esta semana tivemos a doazón de varias pezas de museo, por parte dos profesores Sabela Vázquez Fandiño e Alexandre Ripoll Anta, que nos visitaron hai escasos días, proporcionándonos os seguintes elementos: 3 bonecas de follas de millo, un aparello para tricotar con carretes de fío, un quitapenas ou quitapesares e un cabezudo co seu traxe correspondente, todos eles confeccionados manualmente polos propios doantes. Sen dúbida, unha importante achega.

En nome da Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), gratitude inmensa pola súa altruísta doazón ao noso patrimonio galego.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.