O noso director den Madrid homenaxeando a un grande do voleibol mundial

Esta fin de semana o noso director do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) Ricardo Pérez e Verdes, trasladouse á capital de España (Madrid), convidado pola organización dun magno acontecemento, único na historia dun deporte como o Voleibol. Presentábase un libro cuxo título era: “Rafa Pascual o mellor, il migliore” e ao mesmo tempo realizábaselle un merecidísimo homenaxe, ao mellor xogador de toda a historia deste deporte.

Con máis de duascentas persoas, respectando as consabidas medidas restritivas pandémicas, na Aula Magna da Facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte (INEF-Madrid), directivos, presidentes de diferentes federacións, profesores, adestradores de clubs e seleccións Nacionais en diferentes categorías, compañeiros xogadores, xornalistas, prensa escrita e audiovisual, árbitros, médicos e fisioterapeutas, delegados, amigos/ as e… por suposto a súa familia ao completo, abarrotaron a sala para dar o recoñecemento merecido a Rafa Pascual. O texto biográfico, foi escrito por Pepe Díaz, adestrador de Rafa durante algúns anos, polo seu paso pola Selección Nacional Española en diferentes categorías.

O acto deu comezo cos protocolos correspondentes, comezando polo decano da Facultade Enrique Encinas, seguiulle Coral Bistuer directora xeral de Deportes da Comunidad de Madrid, Francisco Javier Leuve vicerreitor de Comunicación da Universidade Politécnica de Madrid, Agustín Martín presidente da Federación Española de Voleibo, Raúl Chapado presidente da Federación Española de Atletismo e pechando a presentación José Manuel Franco presidente do Consello Superior de Deportes.

Quen non coñece a Rafa Pascual? Coñecido tamén polos nomes do “O Toro”, “O Príncipe”, “ O Matador”, “O León” e na súa última etapa “O Avó”, todos estes apelativos definitorios dan o carácter deste madrileño na competición. Diploma Olímpico, Campión Europeo, mundialista, mellor xogador do mundo, o deportista que mais veces vestiu a camiseta nacional con 527 ocasións, percorreu 19 países diferentes(Italia, Xapón, Rusia, Francia, Porto Rico; Grecia, Bulgaria, España, etc. ) na súa andaina como xogador, estivo en 19 clubs e 31 equipos, capitán da selección Nacional, buque insignia do voleibol español, embaixador do deporte no mundo, moitas distincións, o primeiro xogador profesional do voleibol nacional, … e un abanderado da marca España. Foron 31 anos de vida deportiva entre 1980 e 2011. A “ Rafamanía” levoulle a ser cualificado como “Os dous mais grandes do deporte español: Rafa Nadal e Rafa Pascual”.

Ricardo Pérez y Verdes Museo Melga y Rafa Pascual posando

Sobre o biógrafo Pepe Díaz podemos comentar que foi seleccionador Nacional en diferentes categorías masculina. Profesor universitario, doutor en Filosofía e Educación, profesor Internacional, escritor e un técnico moi galardoado na súa terra sevillana. O texto de 318 páxinas e mais de 200 imaxes, recolle exhaustivamente a traxectoria deste ilustre xogador. Divide o libro en 13 capítulos, un prólogo e un epílogo. Un texto moi ben presentado, ameno, con moitas anécdotas, testemuños de amigos, adestradores, dirixentes deportivos, políticos, etc. que debulla etapa por etapa da súa vida familiar, educativa, deportiva e finalmente profesional. Un traballo de investigación destacable e inmellorable.

Ricardo Pérez e Verdes, director do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso estivo presente no acto convidado persoalmente por ambos os protagonistas. A relación que existe con Rafa Pascual vai alá dos comezos do ano 1980, que o tivo como alumno e xogador durante varios anos no Centro de Iniciación Técnico-Deportiva (CITD) do programa do Consello Superior de Deportes (CSD), para a captación de talentos deportivos con nenos e nenas de 10 anos. Posteriormente a relación foi directamente coas seleccións nacionais Junior e Absoluta en diferentes concentracións e campionatos internacionais. Con respecto a Pepe Díaz, a profesión uniunos hai moito tempo, pero foi no período de seleccións nacionais cando co noso común amigo e colega Luís Hernández (xogador, adestrador e profesor), formamos a “ tripleta” de seleccionadores nacionais da Federación Española de Voleibol e a súa Escola de Adestradores.

Finalmente queremos trasmitir as palabras que dedicaron no libro que din o seguinte:

“Amigo Ricardo, grazas por todo canto deches ao voleibol pero, fundamentalmente , pola túa AMIZADE. Un abrazo” (PEPE DÍAZ).

Pola súa banda RAFA PASCUAL “Ao meu amigo e PROFE RICARDO con moito agarimo. Unha honra que esteas connosco un día como hoxe”.

Sen dubidalo, podemos comentar que foi un gran día para este deporte do voleibol, cremos irrepetible, pois aínda que algúns nos deixaran ( q.e. p.d.), aínda estamos en pé, moitos que despois de mais de 40 anos, seguímonos vendo e gozando da nosa paixón: o voleibol.

Un memorable e recordable día!

Rafa Pascual firma un ejemplar de su libro bajo la mirada de Ricardo Pérez y Verdes, del museo MELGA

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.