Portas abertas no MELGA para o Día das Letras Galegas e o Día Mundial dos Museos

Os días 17 e 18 de maio do presente ano 2022, conmemoramos as xornadas do Día das Letras Galegas e o Día Mundial dos Museos respectivamente, por tal motivo A Fundación Ricardo Pérez e Verdes, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) e o concello de Ponteceso, tiveron a ben ofertar nestes dous días tan memorables, unhas Xornadas de Puertas Abertas para todo o público en xeral, que desexen visitarnos e realizar unha visita ás nosas instalacións museísticas, sitas no Centro Cultural da vila pondaliana.

O horario de portas abertas serán o martes 17 e mércores 18, de 10,00 a 14,00 h. e de 16,30 a 20,00 h. A entrada será gratuíta e as visitas guiadas comezarán ás 11,00 da mañá e rematarán a 13,00 h. para ambos os días.

Os posibles visitantes deberán obligadamente inscribirse (só visitas guiadas) na secretaría do Centro Cultural ou no MELGA, ben telefonicamente ao 981.71.54.42 ou nos correos electrónico ricardoperezyverdes@gmail.com ou info@museomelga.com

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.