Os alumnos de secundaria do IES Alfredo Brañas de Carballo no Melga

Hoxe martes día 30 de maio pola mañá, tivemos por primeira vez, ao IES. Alfredo Brañas do concello de Carballo (A Coruña). Os mozos visitantes eran en total dunha vintena de 3º e 4º ESO. de secundaria, con idades comprendidas entre os  14 e 16 anos, e foron acompañados polas profesoras Margarita Garrido e Mónica Cores. A duración da visita guiada foi dunhas dúas horas e cuarto aproximadamente. Despois de escoitar as explicacións do director do museo, realizaron no interior do mesmo, diferentes prácticas de xogos e deportes tradicionais de Galicia, así como de España e do mundo.  Para non ser menos que outros grupos que nos visitaron durante estes últimos anos, a sesión lúdica pareceulles curta, pero a causa non foi outra que, tiñan que continuar a programación con diferentes actividades culturais.  Despois da visita, todos os alumnos/as e as súas profesoras, trasladáronse a visitar os arredores da vila pondaliana.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.