Repiten a súa visita guiada dous dos grandes embaixadores do Melga: o matrimonio Maya Álvarez Sotomayor e Hernán Cortes

Dous anos sen visitarnos pola pandemia, hoxe estiveron dúas dos grandes embaixadores de honra do museo, a neta do pintor galego Álvarez Sotomayor, Maya Álvarez Sotomayor e o seu esposo o afamado pintor Hernán Cortés. Nesta ocasión viñan acompañando á súa filla Ana Cortés, o seu xenro Manuel Rodrigo e a súa filla Helena, pois estes eran dos poucos membros da familia que aínda non coñecían o noso Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA).

Despois de mais de tres horas de visita polas salas do museo, non deixaron de comunicar ao noso director Ricardo Pérez e Verdes e de comentarlle que aínda sendo a súa quinta vez coa de hoxe que viñeran ao MELGA, parecíalles que era a súa primeira vez en visitalo, pola gran cantidade de novas pezas que existían no mesmo, ademais estaban a descubrir novas anécdotas e historias contadas por Ricardo sobre cada unha das pezas en exposición.

As dúas ilustres persoas que nos visitaron, Maya e Hernán, ao finalizar a mesma transmitíronnos que

Estarían ditosos e encantados o poder estar un día enteiro, saboreando dos coñecementos que se lles transmitían e por suposto, realizando moitas preguntas e inquietudes que tiñan sobre o mundo dos xogos e deportes tradicionais e modernos, e que sen dúbida, era un mundo moi atractivo, pero con moitos baleiros de saberes e coñecementos pola súa banda” .

Ana, Manuel e Helena, fillos e neta respectivamente, practicaron os xogos tradicionais planificados para a sesión, competindo co noso director, naqueles desafíos de forza, habilidade e precisión. Os nosos invitados tampouco deixaron de practicar xogos sobre todo, aqueles máis pausados de lanzamento de precisión e coordinación, pois se atopaban minguados por unas molestias corporales.

Finiquitada a visita, todos asumiron, neste caso mellor que ninguén (os dous proceden do mundo da arte), a súa selección dos tres mellores murais de azulexo da exposición que temos ao aire libre no campo de Xogos do Centro Cultural de Ponteceso sobre os Xogos Tradicionais. Sobre as obras expostas, quedaron asombrados do labor realizados por alumnos dos centros escolares da Costa da Morte e polo seu promotor Gonzalo Rodríguez da Fundación Sociocultural LAR de Cée. Antes de despedirse, os visitantes asinaron no Libro de Ouro do MELGA.

Unha xornada matinal artística-lúdica inmellorable. E despedíronse “Ata pronto”, xa que estaban a pensar en, “que outra rama da familia non coñecían o museo”, para implicarlles que nos visitasen, pois valía a pena.

 

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.