Seleccionado o Melga entre os 5 programas dunha productora de televisión de Galicia

No día de onte venres día 11 de xuño-21, as salas do Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso, convertéronse unha vez mais, nun estudio de televisión para o programa “Único” de “ Adiviña Produccións”, que formará parte de 5 reportaxes de 50 minutos de duración, para a Televisión de Galicia, sobre o mundo do coleccionismo.

Adiviña Produccións é unha compañía de produción audiovisual referente no sector en Galicia. Entre as últimas películas producidas, destacan “Un Franco, 14 pesetas, “O neno de Barro”, “Galicia On” (sobre innovacións empresariais) e a produción “Un país en 360” sobre turismo activo e de natureza.

Durante toda a mañá, o noso director foi entrevistado para o devandito programa, mais de catro horas, acompañando ao equipo de cámaras, o director-produtor do programa Jorge Algora e como xornalista-entrevistador Camilo Lesta.

Os puntos tratados na devandito reportaxe baseáronse no carácter da colección, a historia do coleccionista, onde se conseguiron as pezas, anécdotas sobre as mesmas, as historias mais interesantes en torno dalgunha peza, a mais valiosa, a mais curiosa, a mais antiga, funcionamento dalgunhas pezas, número de obxetos da exposición, fondos da colección, etc. Durante todo o percorrido polas salas do museo, tanto o entrevistado como o presentador, mantiveron unha conversación fluída e entretida, mentres as cámaras seguían os movementos correspondentes co contacto dalgunhas pezas e realizando algunha práctica delas, chegándose a retar mutuamente en varios dos xogos, para saber quen era o mais habilidoso.

A reportaxe terá aproximadamente unha duración duns 15 minutos e a súa emisión está prevista para finais do mes presente. En canto teñamos a data confirmada, a mesma será comunicada a todos os nosos simpatizantes a través da prensa, web e redes sociais.

Aproveitando a gravación, a produtora aproveitou para realizar un ensaio dunha visita guiada a vista de paxarod, cun pequeno dron, para próximamente realizar unha montaxe dunha visita virtual ao noso museo.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.