Trescentos nenos e nenas do Campus Millenium do Clube Basquet Coruña transfiren os xogos tradicionáis galegos ao mundo do baloncesto

Despois dunha semana intensa, do 25 de xuño ao día 3 de xullo, o Club Basquet Coruña finalizou o seu XXIII edición do Campus Millenium de baloncesto, con 300 xogadores en idades correspondentes entre os 6 e 16 anos de idade, nas instalacións polideportivas do a Escola Normal (Antiga Maxisterio) da Coruña. Dentro da súa programación diaria, o Campus Millenium con varias actividades no programa, solicitou ao MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia) de Ponteceso, como o ano anterior, para desenvolver durante dúas horas matinais, todos os días, diferentes xogos e deportes tradicionais aplicados, moitos deles, ao deporte da canastra. Non faltaron xogos de forza, de desprazamento, cambios de dirección, de equilibrio, precisión, habilidades motrices, tomas de decisión, etc.

Realizada a enquisa sobre as actividades programadas polo Campus Millenium, debemos considerarnos afortunados , xa que a nosa actividade foi, por estatísticas, despois do baloncesto que prima sobre todo, os xogos e deportes tradicionais, a actividade unha das mellores valorada obtendo  un resultado final dun 82,3 % na súa aceptación final. Entre outras actividades atopábanse o judo, a esgrima, a natación, a patinaxe, canotaxe, escalada, etc.

Outro ano máis, a nosa proposta sae reforzada en todas as categorías, sobresaíndo os grupos entre os 6 a 12 anos, aqueles que satisfixeron a pleno interese o desenvolvemento a súa personalidade de liderado e competitividade recreativa ao máximo. Con iso, o MELGA, xa está a preparar novos xogos e deportes tradicionais para o novo campus do 2019.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.