Un grupo non programado visita o noso museo

Abraiados, atopámonos no día de onte venres día 19 de maio-23, durante a visita do centro escolar CPR Manuela Rial Mouzo de Cee, pois antes de chegar devandito colexio ás instalacións do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) para realizar unha visita guiada programada desde facía algún tempo, levámonos a sorpresa que chegaran ás portas do museo, sen avisar, un grupo minoritario de dez persoas, mozas en xeral, do Centro Educación Especial (C.E.E.) Nosa Señora de Lourdes-Aspronaga da Coruña, acompañados da súa profesora María das Dores Esteban.

Ricardo Pérez e Verdes, director e guía do museo, despois de darlles as explicacións correspondentes á representante do grupo, iniciou unha pequena explicación do que consistía unha visita ao museo, mentres non chegaban os alumnos e alumnas do grupo ceense, e a continuación, con autorización do centro docente, uníronse nalgúns momentos ao percorrido, pero eles o que pretendían realizar, ao non ter programada unha visita guiada, ademais as idades eran moi dispares e con problemas de disfuncións, decidiron seguir pola súa conta unha
visita por libre, porque o tempo que dispoñían tamén era moi limitado.

Segundo comentaba a profesora Dores ao noso director, a expedición dirixíase á Localidade de Cabana de Bergantiños para visitar o Dolmen de Dombate e o Castro de Borneiro, e vendo que no camiño existía un museo, decidiron parar, pero coa incerteza de que non estivese aberto,
senón pechado. En vista de que se atopaba aberto, tampouco sabían que había que solicitar unha cita previa con antelación para realizar a mesma, decidíronse a quedar porque lles parecía interesante a actividade, e así o fixeron. O que se estaban seguros, despois de visto o
visto, das preto de dúas horas nas salas do MELGA, era que, comprometíanse prontamente a repetir cun grupo máis amplo e cun tempo superior para realizar unha visita en condicións óptimas, porque a todos encantáralles e pasábano moi ben, cos xogos practicados durante a
súa estancia no mesmo.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.