Unha gran colección de bonecas de época para a Fundación Ricardo Pérez e Verdes

Un domingo moi especial o de onte día 16 do presente mes de outubro, xa que a Fundación Ricardo Pérez e Verdes, foi receptora dunha gran colección de bonecas, da man benefactora da empresaria Patricia Fernández Martínez, propietaria e directora da empresa de servizos técnicos de arquitectura e ambientais, situada na veciña localidade de San Pedro de Nos ( A Coruña).

A doazón realizada, despois da firma dun contrato de doazón, entre Patricia Fernández e o presidente da Fundación Ricardo Pérez, formaba parte da herdanza da súa nai María Teresa Martínez para a súa neta Duna Daldad. O conxunto fórmano un total de 80 bonecas, coñecidas como de “Bonecas e bonecos de Xestos”, xa que a características de todas elas son as belas expresións que teñen as súas caras. Ditas pezas están nun estado perfecto de conservación, aínda sabendo, que son todas elas pertencen aos anos 50 aproximadamente.

Ademais da devandita colección, a doante achegou un xogo de café de porcelana en miniatura, coa totalidade das pezas, unha marioneta e un carriño de bonecas da mesma época que as bonecas.

Unha vez catalogadas todas as pezas, as mesmas serán expostas permanentemente no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), dedicándolle unha vitrina especial na segunda sala do museo, situada no século XX da nosa era.

A Fundación e o MELGA desexan expresar o agradecemento a Patricia Fernández pola súa xenerosidade, por deixarnos compartir ditas pezas no noso museo pontecesán. Posiblemente dentro duns días dita colección será mostrada para todos os visitantes que o desexen. O MELGA séguese engrandeciendo e ampliando os seus fondos para beneficio de todos os galegos, por medio de persoas tan altruístas, como a citada nesta ocasión, que seguen ampliando o noso Patrimonio Lúdico Gallego e Inmaterial.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.