Unha visita guiada numerosa da veciña poboación de Pontedeume

Na xornada de hoxe, por primeira vez tivemos unha nova experiencia, que sen dúbida se poderá levar a cabo nalgunha outra ocasión, a condición de que o tempo dispoñible sexa moi amplo. Foron dous grupos diferenciados, uns con grupo pequeno e idades moi curta e o outro un grupo numeroso e idades intermedias, os que nos visitaron na sesión matinal, un ás 10,00 h. a Escola de Educación de Aro de Negreira e ás 12,00 h. o centro escolar CPR. Plurilingüe San José. Goa de Pontedeume, centro filial da Grande Obra de Atocha.

Os alumnos e alumnas deste centro docente, compoñíano preto de 60 persoas, con idades comprendidas entre os 10 e os 11 anos, de 5º e 6º de Primaria, é dicir os dous últimos cursos do ensino Infantil. Viñan acompañados polos seus profesores/titores María Montero, Luís Sousa e Mónica Díaz que representaba ao grupo. Ningún dos asistentes coñecían o MELGA de Ponteceso.

Durante case de dúas horas de visita guiada, foi unha gran festa e excursión excepcional, segundo comentarios, tanto de profesores como alumnos, e non deixaban de repetir, que era moi pouco tempo para desenvolver a mesma. Tanto profesores como alumnos, desexaban volver sen contar un tempo predeterminado, xa que preferían soamente visitar o museo e non realizar outras actividades programadas. Un grupo magnífico en todos os aspectos: participativos, disciplinados, moi interesados na temática, excelentes deportistas,…en resumo unha excursión de final de curso recordable. O único negativo da visita foi que algún rapaces e rapazas non poideron practicar algún xogo por ser un grupo numeroso e por falta de material.

Unha visita guiada numerosa da veciña poboación de Pontedeume

O grupo veu recomendado pola pontecesá Mary Luz Imia, do Albergue “ Alala” de Cabana de Bergantiños, onde están situados todos os discentes e docentes, o cal agradecemos o seu labor de difusión e divulgación do noso museo.

Outra curiosidade da sesión foi, que entre a expedición de alumnos atopábase Dima, un neno ucraíno, que facía poucos meses que se atopaba entre nós, despois de abandonar o seu país pola atroz guerra que padece o seu país. Un neno, aínda sen dominar o noso idioma, foi o que participou máis en todas as prácticas desenvolvidas, levándose nas súas actuacións moitos aplausos dos seus compañeiros. Queda demostrado, que o xogo une e compréndese perfectamente sen falarse con palabras e se con accións. Un exemplo para seguir sempre.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.