V Campeonato de tirabalas de Ponteceso

O vindeiro sábado día 14 de setiembre, con motivo das Festas da Barquiña-19 de Ponteceso, o MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia) e a Fundación Ricardo Pérez e Verdes, organizarán por quinto ano, aínda que este debería ser a sexta edición,pois o ano anterior tivo que ser suspendido polas inclemencias do tempo, o Campionato de Tirabalas da Costa da Morte, que se levará a cabo no concello de Ponteceso.

A cita para todos os tiradores participantes será, este ano como novidade,( xa que os anos anteriores era o campo de xogos do MELGA/Centro Cultural), a praza do Recheo da vila, e, a sesión da mesma iniciarase ás 18,00 h. da tarde.

Todos os participantes deberán achegar o seu tirabalas. Así mesmo se algúns dos interesados non confeccionase ou adquirise o seu tirabalas, a organización dispoñerá dun servizo de préstamo. A munición para o campionato será entregada pola organización.

A cada participante faráselle entrega de 15 proxectís en cada rolda. O obxectivo será derrubar 5 latas en orde consecutiva tendo en cada unha delas 3 posibilidades de acerto, para pasar ao seguinte obxectivo. Faranse tres series de lanzamentos (45) e aquel que consiga máis acertos será o vencedor.

A inscrición será gratuíta e poderán participar todos aqueles concursantes que se atopen entre a pinza dos 1 aos 100 anos. Os competidores, tanto na rama masculina como feminina, distribuiranse da seguinte maneira: Meniño/a ata os 5 anos; Rapaz/a de 6 a 16 anos; Mozete/a de 17 a 21 anos; Mozo/a de 22 a 40 anos; Home/ Muller de 41 a 65 anos e Vello/a de 66 en diante. No caso de que non houbese suficientes participantes en cada unha das categorías, a organización do torneo, faría un só grupo único.

A persoa que non cumprise coa obrigación de inscribirse antes do venres 13, poderao realizar unha hora antes do comezo do campionato.

Outras das novidades deste ano é que os premios serán en metálico (non trofeos como os anos anteriores), que irán desde os 20 aos 150 euros e gastronómicos doutra banda.

Como os catro edicións anteriores, o tirador a bater este 2019 será o “ campeonísimo” gañador de todas as edicións Carlos Andrade Castro, que ostenta o record da proba con 34 puntos, e que e policía municipal do concello de Ponteceso. Esperamos que todos os participantes adestrarían con intensidade durante toda a tempada, para sacarlle o cetro a este gran tirador “olímpico” pontecesano.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.