VII Roteiro de Bicicletas Clásicas de Ponteceso

Comunicámosvos que por fin! achegámonos ao VII ROTEIRO DE BICICLETAS CLÁSICAS de PONTECESO, que imos celebrar o  domingo día 11 do vindeiro mes de setiembre-22. Despois de case dous anos de ausencia pola pandemia, retomamos a nosa paixón e só esperamos que reservedes este día para acompañarnos no percorrido que temos proxectado polo marabilloso Malecón da nosa vila pontecesá.

A concentración de todos os participantes estará situada, para iniciar a saída, no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), situado no Centro Cultural de Ponteceso. A cita será ás 11,30 h. da mañá e clausúraa sobre as 14,00 h.

O percorrido será: Saída no MELGA – A Trabe – Ponteceso – Paseo fluvial – Malecón- A Barra – O Couto – O Agra – Recheo/Ponteceso e a chegada no MELGA. Finalizada o roteiro, todos os participantes na praza do Recheo, gozarán da sesión vermut, acompañados dos acordes da orquestra do día.

Desde as 14,00 h ata as 17,00 h. na propia praza, todas as bicicletas clásicas participantes e aqueles que desexen presentar as súas fora de concurso, realizaremos unha gran EXPOSICIÓN das mesmas, por tanto, se podemos achegar un repousa-bicicletas (pata de cabra ou cabalete), a organización agradeceríavolo enormemente.

Durante o tempo da exposición, todos os ruteros concentrásense no paseo fluvial, onde se realizará unha comida de confraternidade con todos os participantes que o desexen, as costas do río Anllóns.

Será de obrigado cumprimento a inscrición de todos os participantes, comunicando a súa decisión á organización a través do e-mail: info@museomelga.com ou ricardoperezyverdes@gmail.com ou ben telefonicamente ao 981.71.54.42, antes do mércores día 7 de setiembre de 2022.

Como é de supoñer, todos os compoñentes do roteiro, deberán achegar a súa propia bicicleta, ademais de usar unha roupa adecuada á época correspondente. No caso de que algunha persoa estivese disposta a participar e non posúa unha bicicleta antiga, a organización poderá, EXCEPCIONALMENTE, ceder unha delas en calidade de préstamo, a condición de que o comunicara pertinentemente, nas direccións anteriormente ditas.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.