Visita do CEIP Bergantiños (Carballo)

Onte martes día 22 de abril visitaron as instalacións do MELGA, en xornada matutina, por primeira vez, ao redor dun centenar de alumnos/as de 5º de primaria do CEIP. BERGANTIÑOS de Carballo, acompañados pola súa profesora de educación física Loly Hortas, así como profesoras de diferentes materias do centro, Teresa Montáns, Noelia González e Lucía Igrexas.

A visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) consistiu en realizar, durante cinco horas da mañá (10,00 h. a 15,00 h.) dúas sesións diferentes. O centenar de alumnos/as se subdividieron en dous grupos. Un dos grupos, gozou da práctica, no campo de xogos exterior do Centro Cultural, de media ducia dun festival de xogos e deportes tradicionais (carretas, carros e carrilanas, a chave, varapau, vos birlos,etc) e o outro grupo no interior do museo, procedeu á visita guiada ao mesmo e a práctica consabida doutros xogos galegos diferentes (zurriagazo, tirafungueiro, a estrela, ou chinés, carreira de tartarugas, ou sapo,etc) e do mundo (assiette, palet holandés, hockey ice sobre taboleiro, billar xaponés, kerlido,etc),sempre baixo a dirección do Ricardo Pérez e Verdes, director do recinto museístico. Despois dun descanso con tentempié de reforzo, ambos os grupos rotaron nos seus terreos de xogo e finalmente como remate de final de xornada lúdica, todo os compoñentes do centro escolar, levou a cabo un concurso-desafío de Turra dá maroma (tiro da corda) obtendo o premio de campión 5º A e subcampión 5º C.

Rematada a sesión no MELGA, sobre as 15 horas, os dous autobuses partiron co alumnado para a praia de Balares para degustar un xantar campestre no Piñeiral. Antes de desprazarse de novo cara a Carballo, todos os docentes e discentes, tiveron a ocasión de gozar da magnífica vista panorámica do Monte Branco e a casa petrucial de Eduardo Pondal. Xornada intensa de cultura, lúdica e natureza memorables.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.