Visita do Curso de Memoria e Alfabetización do Concello de A Laracha (A Coruña)

Unha corentena de persoas maiores visitaron o xoves as instalacións do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso, con unha visita guiada o centro museístico. Todas pertencían ao Curso de Memoria e Alfabetización do Concello da Laracha (A Coruña). O grupo viña coordinado por Maica Serrano, profesora e educadora da institución larachesa.

Durante máis de dúas horas e media todos os visitantes gozaron das explicacións do director do MELGA, así como as orientacións dadas nas prácticas de xogos dos alí presentes. Como dato curioso acompañounos “un só home” entre todas as mulleres do grupo. Outra das cuestións para destacar é, que este grupo de adultos, ata este momento, é o primeiro que nos visita en todo o ano 2016, xa que na súa maioría, os visitantes nestes cinco meses, corresponderon na súa maioría a centros escolares. Segundo palabras da coordinadora, comentounos que “moitas viñan un pouco escépticas, porque crían que só ían ver xoguetes e en cambio saíron dicindo que pasaran unha mañá lúdica extraordinaria e chea de recordos

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.