Visita guiada ao Melga en familia

No día de onte luns día 23 de xullo, recibimos a visita ao MELGA de Ponteceso de Antonio de la Rosa e a súa esposa Fernanda Alonso, con toda a súa familia, netos, fillos, noras, xenros, consogros, etc..vindos desde Madrid, Gran Canaria, Lugo e A Coruña, un grupo familiar de preto de 20 persoas, que se propuxeron realizar unha xornada exclusiva connosco, despois das recomendacións que lles facían algúns amigos e sobre todo de información en catálogos turísticos, onde se plasmaba aqueles “lugares indispensables e recomendables que non se debían perder os nenos en Galicia no verán”.

Catro horas de visita guiada, comparando os xogos de diferentes comunidades autónomas de España e practicando e “retándose” nalgúns dos xogos tradicionais de cada zona. A velada foi inmensamente enriquecedora e moi divertida.

Antonio de la Rosa, o promotor e alma do grupo visitante, comentounos que dispoñía dunha gran colección de selos, exclusivamente sobre a temática das Olimpíadas modernas, desde a primeira olimpíada de 1896 ata a actualidade. Tamén, aínda que algo abandonada a tiña, era un gran especialista en maquetas navais. Sen dúbida, colléndolle a palabra, será un dos acontecementos que propoñamos para o noso aniversario do MELGA, co material que Antonio teña dispoñible e catalogado para organizar unha Exposición temática.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.