Visita o Melga o escritor, mestre e experto en xogos tradicionáis de Galicia José López González e familia

Na súa “ tournée” turística por la Costa da Morte, o escritor, profesor e experto en Xogos e Deportes Tradicionais de Galicia, José (PEPE) López, a súa esposa Esther Cabaleiro e o seu fillo Paulo, fixeron un oco nos seus desprazamentos, para coñecer despois dalgúns anos sen visitarnos, o noso modesto Museo Enolúdico de Galicia ( MELGA), sito no municipio de Ponteceso.

O amigo e colega Pepe, desde fai moitos anos, desenvolve o seu labor docente no municipio de Tuy (Pontevedra) como profesor de Lingua Galega e Literatura. Como escritor, es sen dubidalo, un referente na nosa patria galega, con libros tan importantes para o mundo lúdico como: “ Os xoguetes esquecidos (I).Nosa Terra”, “ Os xoguetes esquecidos (II). Nosa Terra”, “ Xoguetes naturais. Argalladas dos pícaros. Outono-Inverno” e “ Xoguetes naturais. Argalladas dos pícaros. Primavera-Verán”. A súa esposa Esther Cabaleiro tamén e profesora de Ciclos Formativos no colexio A Cancela das Neves (Pontevedra) e Ciclo Superior de Educación Infantil e o seu fillo Paulo futuro Enxeñeiro de Tecnoloxías Industriais.

 

O escritor Jose Lopez Gonzalez visita o Melga

Aínda que a visita ao MELGA foi curta, segundo os ilustres visitantes, sobre dos horas aproximadamente, no deixaron de encomiar o “gran” museo en que se atopaban e que sen pensalo, proximamente volverían para nutrirse amplamente dos coñecementos sobre a temática de Ricardo Pérez e Verdes, o noso director del museo. No so iso, si non que reservaban xa data para os futuros discentes dos Ciclos Formativos de Educación Infantil, que tutoriza a nosa compañeira Esther Cabaleiro. Soúbolles a pouco a visita, pero… aínda que estivesen un pouco lonxe, en Tuy (Pontevedra) valía a pena estar nunha xornada completa de mañá e tarde no museo, neste templo do xogo e do deporte, tanto tradicional como moderno.

Antes de finalizar a xornada lúdica, os discentes asinaron no Libro de Ouro do MELGA, plasmando unhas agarimosas verbas:

 O MELGA e un auténtico Universo dos xogos, entretementos e deportes. Moitos anos de vida gozando deste mundo lúdico. Parabéns!

Para a súa próxima visita, no deixarán de seguir coñecendo as contornas que noso querido Ponteceso posúe, ademais das súas paisaxes, os seus monumentos , museos e fundacións.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.