Xogos tradicionais medievais nas Noites do Medievo de Riobó (Cabana de Bergantiños) organizada polo Museo MELGA

Outro ano máis, na pradería da aldea de Riobó do concello de Cabana de Bergantiños (A Coruña), o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) e a Fundación Ricardo Pérez e Verdes, organizaron unha sesión vespertina (dende as 16:00 até as 21:00 horas) de xogos tradicionais medievais dentro da xornada das «XIII Noites do Medievo». Nunha sesión lúdico-cultural-festiva e turística, neste caso a cita foi superior á do ano pasado, onde non faltaron os xogos tradicionais de nenos, de adultos, de forza, de habilidade, precisión, xogos de taboleiro, etc., xa que masivamente moitas personas aproximáronse ao «campo de batalla» de herba habilitado para tal motivo.

Os xogos deseñados polo museo nesta ocasión causaron expectación e asombro tanto pola orixinalidade, atractivo e, en moitos casos, pola súa dificultade de execución. Como novidade deste ano, introducíronse cuatro novos xogos de campo, os coñecidos como o «Anel», o «Caxato», a «Ferradura» e o «Pipote». En canto a xogos de taboleiro  presentáronse os do «Muinho», o «Axedrez» e o «Fidchell» e en habilidades os da «Hélice» e os dos «Imans».

A participación no encontro internacional estivo composta por personas chegadas de Alemaña, Suíza, Francia, Inglaterra, Italia, así coma varias comunidades españolas e especialmente de Galicia. As idades dos mesmos atopábanse entre os 2 anos ata os 80 anos e todos, por suposto, colaboraron a que o éxito total estivese asegurado. Nos xogos atopábanse persoas maiores, nenos/as, familias enteiras  e mozos demostrando as habilidades en cada un deles, xurdindo os «piques» correspondentes, pero sempre con «xogo limpo» cun carácter recreativo, competitivo e moi colaborativo. Ademáis do noso director, a sesión lúdica contou coa colaboración indispensable para o desenvolvimento do evento das monitoras Jesssica Pose, Myrella Ventura, Zaira Amado e Ainoa Baneira.

Dende os estamentos públicos, organización e persoas particulares, o MELGA recibiu moitas felicitacións da sesión planificada (que reiteramos foi masiva, aínda habendo outras actividades paralelas da festa), moi participativa e dunha maneira moi divertida. Podemos dicir que moitos dos alí presentes pasaron moitas das probas obtendo con iso a categoría de «Cabaleiros da Táboa Redonda», pois moitos dos xogos presentados eran os preparados naquela época para obter o título de Cabaleiro ou soldado do Rey.

Grazas Riobó, ao Concello de Cabana de Bergantiños, ás súas xentes, á organización por contar con nós, pola acollida, polo gran día pasado, pola masiva participación, polo triunfal dos xogos, pola aceptación unánime das xentes e programación desde acto medievalista organizado, etc.… e informáronnos que nos emplazaban para ir traballando dende xa para a QUINTA edición do próximo ano, que se desenvolverá o segundo domingo do mes de agosto de 2023.

Monitores y participantes observan a un niño jugando a un juego medieval en el la noche del medievo organizada por el museo melga de ponteceso

participantes de las noches del medievo de riobó sentados en mesas y sillas de camping y otros juegan, de fondo, a juegos medievales

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.