Xornada lúdica no Melga co CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños

Outro ano máis, o CEIP: Milladoriro da veciña localidade de Malpica de Bergantiños (A Coruña), visitounos hoxe venres día 16 de decembro do presente ano 2022, para efectuar unha visita guiada ao noso Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA). O encontro foi en sesión matinal de 10,00 a 13,00 h. e o grupo formábano preto de 40 alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria, con idades comprendidas entre os 10 e 11 anos de idade, que viñan acompañados polas súas profesoras-titoras Estefanía Alonso e Uxía Arias que representaba ao grupo e de Ana Seoane que era a PT (Pedagoga Terapeuta) que acompañaba a un neno con problemas relacionales.

Debido á falta de horario suficiente para toda realizar unha visita guiada ao completo polas salas expositivas, soamente deu tempo a participar da primeira, xa que o grupo foi inmensamente participativo e entusiasta do que alí se lles expoñía. Tanto profesoras como alumnos en xeral, era a súa primeira vez en visitarnos, por tanto, quedaron tan insatisfeitos, polo escaso tempo (dúas horas e cuarto), que desexaban con inmensas ganas de regresae durante o próximo ano 2023, antes de finalizar o curso escolar, para visitar exclusivamente a segunda sala que lles faltaba por visionar.

Jornada lúdica en el Melga con el CEIP Milladorio de Malpica de Bergantiños

Como anécdota temos que destacar, que todos os alí presentes, estabamos asombrados por ver ao neno con dificultades, sonreir xogando ao tirafungüeiro, bailando o loió de cana ou montado nunha carreta co noso director e tentando por todos os medios non desexar que finalizasen ditas actividades.

Un gran día moi emotivo para todos nós, ao ver a un neno tan feliz a través do goce cos xogos tradicionais! Marabilloso!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.