Grande espectáculo no Melga onde realizouse unha reportaxe gráfica sobre xogos tradicionáis galegos

Con máis de cinco horas de posta en escena, onte martes en xornada matinal, día 18 de outubro, nas instalacións do Centro Cultural do concello de Ponteceso, onde se atopa situado o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), desenvolveuse un extenso e intensa reportaxe gráfica, nas pistas exteriores do campo de xogo e nas salas interiores do museo.

O motivo do mesmo viña dado, pola solicitude de colaboración que a Asociación INTEGRO de Cabana de Bergantiños (A Coruña), a través da súa directora Noelia Barreira ao noso director fundador Ricardo Pérez e Verdes, para realizar cos seus usuarios e usuarias, unha reportaxe gráfica sobre os xogos e deportes tradicionais, galegos, sendo ambos (Asociación e Fundación/MELGA) os protagonistas da sesión lúdica en imaxes.

Como é sabido por todos, INTEGRO é unha entidade social sen ánimo de lucro, fundada en 1992 para promover a integración das persoas con diversidade funcional nas comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra.

Preto dunha corentena de participantes achegáronse ao museo, ataviados con roupa de época, realizaron pacientemente un a un os xogos adaptados programados e con gran profesionalidade, baixo as indicacións do afamado fotógrafo Marcos Rodríguez e tendo como axudantes ás profesoras Virginia, Tania, Vanessa e Nieves, obtivéronse unhas imaxes, seguramente, para enmarcar. Traballaron en grupos de 3, 4 ou 5 compoñentes, segundo as súas capacidades motrices e intelectuais, en cada un dos xogos de exterior (sapo, bochas, carros, zurriagazo e o corno) e nos de interior (buxainas, as casas, os buracos, futbolín, estrela, carreira de tartarugas e castelos de mazarocas).

Unha xornada moi especial, con persoas excepcionais, que colaboraron en todo momento para que a sesión fotográfica saíse á perfección. Todas as persoas que compoñían o equipo de traballo, comentaban que:

“Parecían profesionais (actores e actrices) da escena, xa que cada un estaba no seu papel integrado e feliz, pois é así, que nalgún xogo, nin se tivo que repetir a acción para captar a imaxe definitiva. Marabillosos¡

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.