Outro grupo de baloncesto da provincia coruñesa, achégase ao Melga para visitalo

Preto de oitenta nenos e nenas carballeses, en idades comprendidas entre os 5 e os 15 anos de idade, achegáronse onte pola mañá, mércores 19 de xullo ao concello de Ponteceso, para unha visita guiada interactiva ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), e así realizar un percorrido polas súas salas de exposición, durante máis de dúas horas e media de duración. O grupo visitante correspondía ao Basquet Camp da Escola Basquet Xiria do municipio de Carballo (A Coruña), acompañados do xogador do primeiro equipo senior masculino (Hector Añón), xogadoras/monitoras (Iria Sánchez e Brenda Noya), xogador/adestrador (Nacho Pose) e coordinados todos eles polo adestrador Arturo Ferraces.  Unha xornada diferente e orixinal dentro das actividades planificadas no campus urbano 2017 do club bergantiñán. Satisfacción por ser a primeira visita que fan ao MELGA e esperan que continúe en tempadas sucesivas dita actividade tan gratificante  e instructiva. Por parte dos futuribles xogadores/as e dos seus adestradores recoñeceron a gran mañá que pasaron “xogando e aprendendo” moitas cuestións, que o director do MELGA, ensinou sobre a historia deportiva, como era de supoñer, do baloncesto ou básquet, desde as súas orixes ata a actualidade. Gran xornada baloncestista programada no museo pontecesán.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.