O hockey patines e a patinaxe artística descubren o Melga

O Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) do concello de Ponteceso, onte martes día 18, recibiu nas instalacións do Centro Cultural da vila, a un grupo de sesenta campistas, con idades comprendidas entre os 5 e os 16 anos, do campamento urbano da Escola Lubians de Hockey patíns e patinaxe artístico de Carballo, acompañados polos monitores/as Natalia Muiño, Nuria Reguera, Beira Almeida e Carlos Loureiro director técnico do club Lubians. A  xornada matinal levouse a cabo desde as 11,00 h. ás 13,00 h. e todos os compoñentes do grupo, realizaron a visita guiada ao museo baixo a batuta experta de Ricardo Pérez e Verdes, director do museo. Aínda que o grupo era moi heteroxéneo, a sesión realizouse con normalidade, interese, disciplina e atención por parte de todos, escoitando as explicacións que alí se daban e practicando aqueles xogos e deportes máis representativos da nosa comunidade autónoma de Galicia, así como outros xogos nesta ocasión, da zona europea. Esta era a súa segunda vez que nos visitaban, xa que a última vez que o fixeran fora, por estas datas, pero no ano 2015. Segundo palabras do seu director técnico, que non coñecía o MELGA así como tampouco os monitores, transmitiunos que “ impresionáralle tanto a visita que non dubidaría en repetir a experiencia o ano entrante, pero nesa ocasión viría cun grupo máis reducido ou individualmente, para imbuírse en profundidade do máximo de coñecemento.” Actualmente estamos a abrir un novo abanico de visitas, como este caso, de grupos de diversos deportes modernos, que desexan coñecer ademais da súa especialidade, outras actividades complementarias para a súa formación físico-ludico deportivas.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.