Debido á gran demanda existente nos últimos anos, por estas datas de vacacións e festas de Semana Santa, informámoslles e poñemos en coñecemento a todos os posibles visitantes ou usuarios que desexen achegarse ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), situado no Centro Cultural do concello de Ponteceso, que os horarios ao recinto museístico, sufrirán algunhas modificacións e que serán as seguintes:
ABERTO:
- MÉRCORES 01: de 11:00 h. a 14:00 h.
- XOVES 02: de 11:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 19:00 h.
- VENRES 03: de 11:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 19:00 h.
- SÁBADO 04: de 11:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 19:00 h.
- DOMINGO 05: de 11:00 h. a 14:00 h.
PECHADO:
A tarde do mércores día 01 e o domingo día 05 de marzo, por descanso do persoal.
OBSERVACIÓNS:
As persoas que desexen realizar unha visita guiada o xoves, venres, sábado e domingo, poderán solicitar unha cita previa con 7 días de antelación e conformando un grupo como mínimo de 15 persoas. O horario establecido para este caso, será de 10:30 h. ata as 13:30 h.
Último pase das visitas será: pola mañá ás 13:00 h. e pola tarde ás 18:00 h.
Os interesados en coñecer máis detalles, poden solicitar información en info@museomelga.com ou ricardoperezyverdes@gmail.com ou nos teléfonos 981 715 442 – 661 290 246.

Español





Leave A Comment