Novo horario de verán para as visitas no MELGA

O Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), situado no municipio de Ponteceso (A Coruña), abrirá as súas portas este verán-26, para todas aquelas persoas interesadas en coñecer a Historia do mundo do xoguete, do Xogo e os Deportes Tradicionais e Modernos, tanto de España como de Galicia ou do mundo, nun percorrido polas salas expositivas do museo.

O inicio da tempada estival de verán-26 dará inicio o día sábado 11 de xullo e finalizará o 15 de setembro. O mesmo que o ano anterior, las datas e horas que imos estar dispoñibles para os nosos posibles usuarios, durante los meses de xullo, agosto e setembro, ambos incluídos.

Horario visitas MELGA Verán 2026

Visitas libres ou particulares

  • Aberto:
    • Sábados de 11:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 20:00 h.
    • Domingos de 11:00 h. a 14:00 h.
  • Pechado:
    • Luns a venres.

Visitas guiadas

  • Aberto:
    • Luns a domingos de 11:00 h. a 13:00 h. (*)
  • Pechado:
    • Luns a domingos polas tardes. (**)

(*) Para realizar unha visita guiada, será necesario solicitar cunha semana de anticipación unha cita previa e inscribirse nunha lista de espera, para conseguir como mínimo 15 persoas para conformar un grupo.

(**) Contactar telefonicamente ou por e-mail co museo, por se fose posible realizar unha visita guiada (excepcionalmente) pola tarde.

Recomendamos que antes de desprazarse a Ponteceso para visitar o MELGA, soliciten a debida información para comprobar se o centro museístico atópase aberto ou pechado neses momentos, xa que nalgunhas ocasións, por motivos de diferentes actividades en festas locais, provinciais, comunitarias, por viaxes de traballo ou por participar nalgún congreso fóra do país ou nacional, non poderemos atendelos debidamente.

En canto aos días festivos, o museo non se atopará aberto, aínda que de abrilo, comunicarase a través das redes sociais o horario correspondente en cada data determinada. Para máis información, dirixirse ao teléfono 981 71 54 42 ou 661 29 02 46 ou ao e-mail: info@museomelga.com

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.