Hoxe recibimos no MELGA un grupo de “pequerrechos” de Carballo

Hoxe mércores día 10 do presente mes de xuño-26, tivemos o pracer de volver recibir, despois dunha ausencia de case dez anos (2017), nas nosas instalacións do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) en Ponteceso, á Escola Infantil As Estreliñas de Carballo (A Coruña), con máis dunha trintena (33) de “peques” entre os 2 e os 3 anos de idade e as súas profesoras/educadoras Ana Fuentes, Izaskun Villaverde (Practicas), Andrea Torrado (Prácticas), Mayra Bello (Prácticas)  e Natalia Rodríguez como organizadora e representante do grupo na visita. 

Como comentamos, sendo nenos de pouca idade, o tempo dedicado foi curto como era de mester. Pero foron case dúas horas en total a visita guiada, cun intermedio (merenda) de case media hora, facendo fincapé máis no audiovisual e práctico, que no teórico. 

Todas as actividades lúdicas, estiveron acompañadas con variadas cancións, sons e músicas tradicionais. Na parte práctica non faltaron os castelos de mazorcas e pinzas, o pau, o ioió galego, a carraca, o sapo, as carreiras de tartarugas, o xogo da estrela, recoller noces, vos buracos, o anel, … Aínda que non se puido conseguir bater ningunha marca, era o previsible, pero iso si, intentárono con paixón, ardor e en moitos casos con moito esforzo, coa axuda das súas profesoras. E do guía do museo.

Un grupo admirable, pois co pequeniños que eran, “aguantaron” todo o tempo dispoñible, como verdadeiros campións. Foron moi ordenados e disciplinados coa axuda das profesoras. O tempo da visita correu sen darnos conta. 

Parabéns a todos!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.