Hoxe un centro coruñés bate a marca de visitas guiadas ao MELGA de todo Galicia

Hoxe recibimos nas instalacións do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) (03/06/26), cuxa sede se atopa en Ponteceso, máis de medio centenar (53) de alumnos e alumnas de cuarto de ensino primario (9 e 10 anos) do colexio privado CPR. Plurilingüe Andaina da Coruña, para realizar unha visita guiada. Viñan acompañados polas súas profesoras-titoras Mabel Gautier (diretora del Centro), Borja Rey (apoio Educativo) e Olalla Mancebo organizadora da actividade e representante do grupo na visita ao museo. 

Co mesmo esquema de sempre, tanto na organización do traballo, tempo dispoñible e un número ideal para o desenvolvemento dunha visita guiada, as máis de tres horas e media levadas a cabo para as mesmas resultoulles curta, aínda que iso si, moi divertida, entretida e sobre todo entusiasmados por ter a ocasión de visitarnos. Tanto é así, que ao finalizar o percorrido polo museo a súa titora comentounos: “Os alumnos e alumnas “fliparon” co museo, tanto polo que alí se explicaba, as súas pezas e sen dúbida as súas prácticas de xogos tradicionais. Iso é síntoma de que o pasaron moi ben”–  Algúns nenos e nenas deixaron os seus “garabatos”, pequenos textos no libro de visita do museo, comentando: “Isto é un “espectáculo magnífico!. Un museo diferente a todos os que visitamos! Xenial!”.

Aínda que o intentaron non lograron ningunha marca destacable. Tampouco houbo vencedor da visita nesta xornada, pero os premios foron entregados á coordinadora para achegalos ás aulas de 4º A e B. 

Como curiosidade temos que comentar, que o colexio CPR. Andaina coruñés, ostenta hoxe venres, a marca de visitas guiadas ao noso museo. Coa de hoxe son DOCE (12) as ocasións (batendo ao colexio Jesuitinas da Coruña con 11 ocasións), desde que no 2021 iniciaron a súa andaina polo MELGA e que non deixaron de asistir a esta cita anual. 

Felicidades e Parabéns! Desde o MELGA… Grazas pola vosa fidelidade!

Leave A Comment

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Museo MELGA
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.