III Festival de Xogos e Deportes Tradicionáis na Idade Media

O vindeiro sábado día 10 do presente mes de agosto-19, a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso, desprazarase á parroquia de Riobó de Cabana de Bergantiños, con motivo da celebración do XI edición das Noites do Medioevo.

Esta será a terceira ocasión que a Fundación e o museo son convidados a participar no devandito festival lúdico-cultural e turístico da zona cabanesa, onde os xogos e deportes tradicionais da Idade Media son sempre protagonistas, como todos os anos. A sesión será vespertina de 17,00 a 21,00 h. no campo de xogos, situado no centro neurálxico da vila.

Todos aqueles que desexen participar, de forma gratuíta, das devanditas actividades serán ben recibidos polos monitores especialistas. Haberá xogos de taboleiro, xogos de forza, de habilidade, destreza, de precisión, etc. para todos aqueles que nos queiran demostrar as súas magníficas habilidades de outra época moi lonxana.

Leave A Comment

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Museo MELGA
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.