Intercambio lúdico entre alumnos/as de Coristanco e A Coruña

Durante este semana do 3 ao 7 de abril, o centro escolar do CPI. Alcalde Xosé Pichel de Traba- Coristanco, celebra a súa Semana Cultural cunha programación diversa e variada de actividades e unha delas atopábase, que o martes día 4, correspondía realizar unha visita guiada ao MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia) de Ponteceso.

Como novidade era que o centro, convidara ao IES. Outro Pedrayo da Coruña para que os acompañase na devandita visita e en toda a xornada. Foron preto de 120 alumnos/as de ambos os centros, con idades comprendidas entre os 12 e 16 anos.  Os discentes estiveron sempre acompañados polos seus profesores/as  Pilar Espido, Luz Rivas, Patricia Varela, Antón Amil e todos eles coordinados pola filóloga, escritora, traductora e secretaria xeral da Asociación de Escritores de Lingua Galega Mercedes Queixas Zas, profesora do colexio Xosé Pichel de Coristanco. A visita non foi moi ampla xa que o intercambio comprendía ademais, coñecer a Ruta Pondaliana, a Fundación e a casa do bardo Eduardo Pondal,  como unha pequena homenaxe ao centenario da súa morte.

Nas escasas dúas horas de traballo teórico-práctico co director do museo, os alumnos/as foron divididos en dous grupos, constituíndo os mesmos, por alumnos/as de ambos os centros. A interrelación e convivencia  nas súas relacións persoais, así como a competitiva e recreativa, levouse dunha maneira excepcional.

O comentario xeral  era ao unísono, e, da propia escritora, de que:  “ a pena fora que a visita a habían programado con moi pouco tempo dispoñible;  que a idea e o acerto da selección da actividade fose tan positiva e importante; que llo pasaron xenial;  que non pensaban que a sesión fóra tan didáctica, instructiva e sobre todo tan interactiva e práctica;  que fora un intercambio lúdico excepcional moi sorpresivo;  que a experiencia fora moi  integradora e que sen dubidalo, a actividade recomendaríana a compañeiro/as profesores/as de outros centros docentes como elemento fundamental dunha excelente actividade dentro das Semanas Culturais que se celebran en todos os centros de Galicia, tendo como eixo central os xogos e os deportes tradicionais e que por suposto, volverían de novo en máis ocasione a visitarnos, ben como particulares coas familias ou ben como grupos docentes.”

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.