O MELGA colaborará no IX Festival de Xogos e Deportes Tradicionais Galegos nas festas coruñesas do barrio do Castrillón

PREVISIÓN INFORMATIVA

Este próximo venres día 21 de agosto de 2026, a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso, foron convidados pola Asociación Soto-IAR do barrio coruñés do Castrillón, para colaborar, como os últimos anos, na NOVENA edición consecutiva do Festival de Xogos e Deportes Tradicionais Galegos.

O magno acontecemento desenvolverase nas instalacións ao aire libre da Praza de Pablo Iglesias, no Castrillón, a partir das 18:00 h. ata as 21:00 h. Comunícase a todos os posibles asistentes que, no caso de que o tempo non sexa favorable, a xornada manterase, pero neste caso, trasladarase a sesión lúdica ás instalacións cubertas do Centro Cívico-Cultural do barrio coruñés, sito na mesma praza devandita.

Como todos os anos, esperamos que a participación cidadá sexa numerosa, pois se pode comentar que sempre foi unha das actividades máis atractivas da extensa programación existente durante a fin de semana.

Todas aquelas persoas que desexen participar de forma gratuíta na devandita actividade, quedan desde este momento invitadas e, ao mesmo tempo, a organización agradece a asistencia ben como participante activo ou como espectador. Esperámosvos a todos para que gocedes dunha tarde moi recreativa cos xogos máis representativos do noso patrimonio lúdico e inmaterial de Galicia.

Esperámosvos para xogar a tope!

Leave A Comment

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Museo MELGA
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.