As Jesuitinas da Coruña igualan o récord de visitas guiadas ao colexio coruñés de Andaina

A visita que hoxe recibimos no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) en Ponteceso, do colexio coruñés Fillas de Jesús, máis coñecidas como Jesuitinas , era a súa DÉCIMA ocasión en cumprir coa súa cita anual do centro escolar. A semana pasada o colexio Andaina chegara á mesma cifra (10 visitas), que os hoxe aquí presentes.

Correspondeulle a visita, nesta xornada aos cursos de 2º A e 2º B de primaria, do ensino educativo infantil, en idades de 7 e 8 anos. En total medio centenar de alumnos do colexio concertado da Coruña e que viñan acompañados dos seus profesores/titores Roberto Dominguez e Felipe Silva que exercía como representante do centro e coordinadora da actividade.

A relación existente do museo con este centro, vén de lonxe, xa que os ex – alumnos do noso director da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física (INEF-GALICIA) realizaron as súas prácticas docentes universitarias de xogos e deportes tradicionais, no propio colexio, moito antes do inicio da nosa andaina museística. Desde o ano 2017, non deixaron de visitarnos unha, dous e tres veces no ano con ciclos diferentes, aínda que como se pode supoñer, soamente ausentáronse o ano 2020 e 2021 pola pandemia.

O grupo escolar, durante as dúas horas de percorrido polas salas do MELGA, escoitaron atentamente as explicacións dos nosos guías, ademais de realizar todos os xogos planificados para a sesión matutina. Moi competitivos e disciplinados que non deixaban de querer xogar, xogar e xogar. Como dispoñiamos de pouco tempo, o grupo foi dividido en dous subgrupos dirixidos cada un deles polos guías Vanessa Cassais e Ricardo Pérez. Unha xornada moi importante para todos, aínda sabendo que non conseguiron ningunha marca destacable nos xogos, nin houbo vencedor da sesión.

A visita gustoulles tanto, que solicitaron aos seus profesores “se podían quedar e alongar ata a tarde a visita”, cuestión comprometida para os mesmos, xa que non podían modificar dita acción, e menos co problema engadido do horario do autobús. Segundo os profesores “a proposta para a dirección do centro será que o ano que vén podamos vir todo o día con xornada de mañá e tarde”. “Sóubonos a pouco””Que pena o non poder observar a sala II, pois non nos deu tempo”.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.