A Fundación pedagóxica Wardorf de Lugo cotexou o seu método educativo no Melga

Sobre as 12,30 h., despois de finalizar a sesión co CPI. Monte Caxado das Pontes de García Rodriguez, tivemos a segunda visita matinal, era a primeira vez que isto ocorría dúas visita nunha mañá, neste caso os visitantes pertencían á Fundación Pedagóxica Waldorf. Escola Meniñeiros de Santa Marta de Friol da provincia de Lugo. Segundo colexio docente que recibimos da devandita provincia, en menos dun mes. En total foron unha corentena de alumnos/as con idades entre os 6 e os 9 anos. Viñan acompañados polas súas profesoras María Jesús Bernal, Carolina Vázquez e como coordinadora María Muíña. Ademais, como axudantes en prácticas, viñan as mestras Antonia (coidadora/asistente), Jule e Karina, estas dúas últimas de nacionalidade alemá. A visita foi amplamente eloxiada polas súas profesoras titoras e profesoras en prácticas debido a que o seu método, o Wardorf, consiste en adquirir coñecementos e instrución, neste primeiro ciclo de ensino,  a través do xogo como elemento fundamental. Por ambas as partes, foi un intercambio destacado entre dúas institucións, por un lado o MELGA e por outro o sistema Wardof de educación non regrada. Unha experiencia moi enriquecedora. Os alumnos que obtiveron os premios tradicionais foron Haizea Poña de 6 anos e Goya Núñez de 7 anos. Excedidas as 15,00 h. finalizaron a visita ao museo, os excursionistas xantaron nas instalacións do centro cultural e a continuación, sobre as 16,00 h., os discentes e docentes, tomaron de novo o autobús para dirixirse ao seu destino de Friol (Lugo).

Leave A Comment

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Museo MELGA
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.