Máis de medio cento de escolares do Colexio Hijas de Jesús da Coruña recalan no Melga por primeira vez

Este luns 18 do presente mes de febreiro, mais de cincuenta nenos de terceiro de primaria (8 anos) do colexio privado Fillas de Jesús, coñecidas como as Jesuitinas da Coruña, arribaron ao MELGA de Ponteceso para realizar unha visita guiada en xornada matinal. Os alumnos/ as viñeron acompañados polos seus profesores- titores Paula Caridi e Cibrán Carballás.

Esta primeira visita guiada do centro docente, non deu para moito xa que apenas tiveron unha hora e media de percorrido museístico, pois programaran varias actividades e para que lles dese tempo á súa totalidade, acoutaron os tempos tirando sempre á baixa. Para todos foi moi apurada a visita, aínda que moi proveitosa, tanto en intensidade como participación. Soamente deu tempo a escoitar as explicacións do guía e á práctica e talleres de entretementos, xogos con animais, laborais, de forza, loita e empuxe da primeira sala do museo.

A alegría e goce do realizado foi inmensamente moi satisfactorio. Por iso, acordaron que proximamente, visitaríannos de novo, pero iso si, en xornada completa (mañá e tarde),  e en exclusiva sen ningunha outra actividade complementaria.

Leave A Comment

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Museo MELGA
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.