No día de hoxe, venres 15 de maio, en xornada matinal de 10:00 h. a 12:00 h. da mañá, o IES Maximino Romero de Lema da veciña poboación de Baio-Zas (A Coruña), achegáronse ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) para realizar unha visita guiada, despois dunha ausencia de catro anos (2022), co noso guía-director.
O grupo compoñíano 20 alumnos e alumnas do centro docente, pertencían a 3º da ESO do ensino secundario, en idades comprendidas entre os 14 e 15 anos de idade. Viñan acompañados cos seus profesores titores Suso Blanco, Raquel Bouzas e Marta Nantón Amado que exercía de representante do centro e organizadora da actividade lúdico-cultural.
A visita estaba programada, dentro das numerosas actividades, que o centro escolar deseñara para a súa Semana Grande ou Cultural. Comentamos que os compoñentes do grupo colexial, era a súa primeira participación en visitar as nosas instalacións museísticas. Debido ás circunstancias e axuste da programación diaria de actividades, soamente puideron desfrutar dunha “curtísima” hora e media de visita guiada, por tanto, con ganas de volver para desfrutar da segunda sala, xa que non se puido realizar ao completo a visita.
Uns visitantes moi participativos e entusiasmados por todo o que alí se propoñía e se practicaba, non deixando de lado os retos desafiantes entre alumnos e alumnas, profesores/as contra alumnos/as e tamén co guía do museo. Dicían despois da visita algúns alumnos/as que: “lles soubera a pouco” e que era “un museo moi guay”; “por que non nos quedamos máis tempo?”.
Os profesores/as, que era tamén a súa primeira vez en achegarse ao museo, comentaron que volverían de novo en próximas datas, pois era unha actividade moi recomendable e divertida.

Español





Leave A Comment