Medio centear de educación infantil de A Gándara-Sofán (Carballo) visitan o Melga

Acompañados polas súas profesoras Vanessa Suarez, Rosa Pernas, Ana Gómez e Sara Mosqueira (como responsable do grupo), hoxe visitounos un grupo composto por case medio de centenar de alumnos/as  do segundo ciclo infantil do Colexio Gándara-Sofán de Carballo (A Coruña) con idades comprendidas entre os 3 e 5 anos.

A visita guiada fundamentouse en dúas sesións diferenciadas de 45 minutos e un descanso de media hora para tomar o tentempié. A sesión levouse a cabo, no sua parte teórica, coa adaptación mínima e necesaria (contacontos) das explicacións feitas por parte do director do MELGA e sobre todo, o maior do tempo dedicado, foi para a práctica dos xogos tradicionais  (adecuados) ás idades dos nenos/as, con xogos simbólicos e regrados.  Hai que destacar que, aínda sendo os participantes de moi curta idade, todos gozaron enormemente da xornada e estiveron todo o tempo, aínda sabendo da dificultade para manter a atención dos mesmos, interesados en todo aquilo que se lles propoñía cunha orde e disciplina enormemente destacable. Debemos constatar tamén, que todos eles sen excepción, pasaron pola totalidade dos xogos programados,  cuestión que non sempre se pode conseguir , pola heteroxeneidade do grupo.

Outra nova e extraordinaria experiencia levada a cabo no museo, xa que ademais de ser un grupo moi numeroso e en idades moi temperás, pois desde o primeiro momento comprendemos que entrañaba moitas  dificultades, pero, hai que comentalo, que se saíu do reto  airosamente vivificados por ambas as partes.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.