Aínda que non era a primeira vez en realizar actividades o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso con este centro que hoxe nos visitou, pois facía uns cantos anos, en varias ocasións, levamos ao devandito centro escolar coruñés, Festivais de Xogos e Deportes Tradicionais nas súas instalacións docentes, para gozar de todo o alumnado, como festas finais de curso académico.
Ata hoxe xoves día 12 do presente do mes de xuño-25, recibimos por segunda vez no noso museo (xuño do 23), en xornada matinal de 10,30 h. a 13,30 h., máis de medio centenar (56) de alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe de Prácticas (antiga Aneja da Escola de Maxisterio) así como aos seus catro titores/as e profesores/as Remedios Budiño, Eva Portas, Davíd Martínez y Juan Rodriguez, director del centro escolar. O grupo infantil correspondía a un grupo de 2º e outro de 3º, cuxa franxa de idades estaban comprendida entre os 7 e os 9 anos.
A duración da visita guiada, aínda que foi máis alá das tres horas, só púidose realizar o percorrido pola mesma da primeira sala, “pisando” a segunda sala con menos intensidade. Foi tal o entusiasmo do grupo que non deixaban de solicitar que se continuase pola tarde a visita. Antes da visita guiada de las salas expositivas, como de costume, o grupo gozou da “Exposición ao aire libre dos Murais de azulexos de Xogos Tradicionais,” eos dous vídeos publicitarios.
Un grupo verdadeiramente disciplinado e moi participativo e con moitas ganas de volver de novo cos seus familiares. Hai que destacar que as profesoras/es foron as verdadeiras artífices dunha sesión lúdica modélica, pois o seu apoio e colaboración foi extraordinaria. Aínda que a súa frustración veu, despois do interese empregado, non conseguiron ningunha marca destacable, nin premios para o vencedor da visita.
Queremos facer constar que neste grupo educativo, todo o seu alumnado foi sobresaliente na súa integración social, xa que entre eles participaban discentes de varios países. O día de hoxe, podemos comentar, que foi outra das xornadas para lembrar. Felicitacións sinceras a este grupo educativo e integrador
Despois da visita ao MELGA, o grupo escolar dirixiuse ao Piñeiral de Balarés, para xantar e sen dúbida, seguir xogando na praia e no bosque, nun día especial de final de curso escolar. Sobre as 16,00 h. partiron á súa cidade de procedencia da Coruña.
Leave A Comment