O MELGA pecha as súas portas para o público en xeral ata novo aviso

O Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), situado na planta baixa do Centro Cultural do municipio coruñés de Ponteceso, desde hai máis de doce anos, pechará a partir do 1 de setembro, tras acordo adoptado polo Padroado da Fundación Ricardo Pérez y Verdes, institución da cal depende.

A decisión tomada por unanimidade levouse a cabo despois de cumprir con todos os compromisos de visitas guiadas, libres, festivais, etc., que a dirección do museo tivo durante este período de 2025-26, e unha vez finalizada a presente tempada estival.

O motivo non é outro que a necesidade de iniciar un período vacacional do persoal do museo, alén de acometer obras de mantemento no mesmo, reestruturar os espazos expositivos e darlle un novo enfoque de mellora en canto á súa difusión e expansión no presente e futuro, tanto na súa programación anual como na súa publicidade institucional.

A apertura do MELGA será comunicada a todas aquelas persoas interesadas (centros docentes, asociacións, federacións, etc.) a través das redes sociais, así como pola páxina web e os medios de comunicación.

O MELGA pide desculpas por este peche temporal a todos os fieis usuarios que, ano tras ano, acoden ás súas instalacións e valoran o traballo que realiza en aras do coñecemento do Patrimonio Lúdico e Inmaterial da nosa rica cultura galega. Así mesmo, agradece aos medios de comunicación a difusión que realizan das súas actividades, unha colaboración indispensable para o coñecemento destas polo público en xeral.

 

peonzas de colores museo melga

Leave A Comment

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Museo MELGA
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.