O MELGA, un recurso alternativo

Hoxe, mércores día 2 do recentemente iniciado mes de xullo, recibimos no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), por sorpresa, a visita dun grupo 15 campistas do Campamento Multiaventura, organizado polo concello de Coristanco-Carballo (A Coruña), para realizar unha visita guiada, sen realizar a reserva correspondente (unha semana antes da mesma), como manda os canons obrigados da nosa entidade museística.

A programación do campus xa se atopaba organizada polo concello de Coristanco, facía tempo, cun roteiro de sendeirismo polas zonas de Cabana, Laxe e Ponteceso, pero… o que non se contaba era que o tempo ía dar un xiro meteorolóxico importante, de súpeto desaparece o sol e aparece a choiva, polo que os monitores encargados do grupo, tiveron a idea de tomar unha decisión inmediata para non dar por “perdida” a xornada matinal. Casualmente o coordinador da actividade non era outro que Rosalino Mariño, o adestrador de voleibol do Xiria de Carballo, amigo e compañeiro de profesión deportiva de Ricardo Pérez e Verdes, que realmente facía anos que non se atoparon.

A decisión foi inmediata Imos ao MELGA! Rosalino fixo a pertinente chamada ao noso director (aínda que o museo atopábase pechado, por ser día de semana), pero Ricardo tivo a ocasión de abrirlles o mesmo, para realizar unha visita guiada “moi especial e non programada” para todo o grupo.

Como se pode supoñer, o tempo era moi limitado (chegaron sobre as 12:15 h), pois os excursionistas deberían estar para o seu xantar no seu lugar de destino, sobre as 14:00 h. en Carballo, levou a efecto con visita coas variantes pertinentes. Faltou a parte máis importante para eles como é a parte práctica de xogos, pero tiveron o tempo suficiente para percorrer as dúas salas expositivas en maior profundidade. Algúns dos nenos e nenas xa nos visitaban nalgunha ocasión facía varios anos atrás e os que non o coñecían, comunicáronnos que virían proximamente coa familia ou amigos.

Hoxe o MELGA, foi un recurso alternativo para todos aquelas persoas que programando unha actividade pola zona bergantiñá, e torcéuselles a mesma, sempre estará o noso museo para substituír a devandita sesión por outra máis, sen dúbida moi sorpresiva.

Agradecemos persoalmente a todos os presentes a súa asistencia ao museo, en especial ao noso amigo Rosalino, por considerar que era unha boa idea que os nenos/as visitasen o Museo Etnolúdico de Galicia, situado en Ponteceso.

“Voltaremos”, dixéronnos!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.