Na Festa dos Remedios de Corme- Ponteceso tamén se xoga co Melga

O vindeiro martes día 24 do presente mes, o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e a Comisión de Festas, organizan o I Festival de Xogos e Deportes Tradicionais Galegos das 17,30 h. a 20,30 h. na praza da Ribeira, con motivo de celebrarse as festas patronais dos Remedios no porto pontecesano da vila de Corme. O patrocinio corre a cargo do Concello de Pontreceso e a Deputación da Coruña, dentro das actividades anuais que programa a concellería de Política Lingüística que dirixe o edil Carlos Penedo.

A sesión recreativa contará cunha vintena de xogos e deportes tradicionais galegos de interior e exterior e algúns xogos de taboleiro e de mesa para goce de pequenos e maiores. Desexamos que a praza da Ribeira  se enche con moitas persoas, xa que nesta ocasión será a primeira vez que se realiza este lúdico acontecemento. Para os maiores será un recordo da súa infancia e para moitos nenos e nenas será a primeira vez en practicar xogos e deportes tradicionais da nosa terra, que seguramente lles son descoñecidos.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.