No Melga a cuarta quenda de persoas maiores do Concello de Oleiros (A Coruña)

Medio centenar de persoas maiores da cuarta quenda do concello de Oleiros, (A Coruña), desprazáronse o sábado pasado día 16 de xuño-18 pola tarde, para visitar outro sábado máis, o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA). Nesta ocasión os visitantes correspondían aos veciños do municipio de Oleiros e as parroquias de Dexo ( Lorbé) e Maianca (Mera). Como se poderá comprobar, a concellería de Servizos Sociais do concello, en cada sesión que programa, corresponde a unha ou varias parroquias das nove que ten Oleiros, para que desta maneira poidan ter oportunidade de pasar todos os residentes nesta excursión cultural e lúdica. Como as xornadas anteriores, a visita foi bastante curta xa que só púidose observar, escoitar e practicar os xogos e deportes tradicionais galegos da primeira sala. O interese demostrada en cada sesión por estes grupos é destacable, ademais de achegar cuestións puntuais sobre o alí tratado.

Nesta circunstancia un veciño de Oleiros, fíxonos unha posible achega, que levamos perseguindo e investigando moito tempo e que non é outra, que o coñecer se existe algún familiar dun tal veciño de Oleiros , chamado Xosé Barcia, que por algunha documentación que posuímos, foi un destacado loitador de Tumba galega (loita antiga), de finais do século XIX e principios do século XX. Comentounos que el coñecía uns descendentes que vivían en Perillo, deste afeccionado ao noso “deporte” tradicional e que nos poñería en contacto o máis axiña posible. Todos os grupos que pasaron polo recinto do museo levan a sensación de que “lles soubo a pouco” a visita efectuada, pero tamén a convicción e desexos de volver repetir a experiencia, aínda que fóra de forma privada.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.