Novo horario no Melga para este Nadal

Informamos e poñemos en coñecemento de todos os posibles visitantes que desexen achegarse ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso, durante as próximas Festas de Nadal e Reyes, que os horarios do mesmo, sufrirán unhas modificacións e que serán as seguintes:

ABERTO: Os días 26-27-30 e 31 de Decembro-19 e 02-03-07-08-09 e 10 de xaneiro-20, en horario de mañá de 9,00 h. a 14,00 h. Último pase de visitas será ás 13,00 h.

PECHADO: Todas as tardes e os días 23-24-25-28 e 29 decembro-19 e 01-04-05 e 06 de Xaneiro de 2020.

OBSERVACIÓNS:

As persoas que desexen realizar unha visita guiada os sábados e domingos, poderán solicitar unha cita previa con 15 días de antelación e conformando un grupo mínimo de 25 persoas. O horario establecido para este caso, será de 10,30 h. ata as 13,30 h.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.