O CEIP Mar de Fóra, primeiro centro en visitarnos este 2026

O centro escolar do CEIP Mar de Fóra do municipio coruñés de Fisterra, acompáñanos no día de hoxe xoves 12 de marzo-26 en Ponteceso, para realizar unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA).

O grupo de participantes conformábano preto de medio centenar de alumnos/as e profesores de educación infantil de 1º, 2º, 3º e 4º, con idades comprendidas entre os 6 aos 9 anos que viñan acompañados das súas sete profesoras/es-titoras/es Verónica Blanco, Lorena Buendía, Tania Quintela, Jacobo Trillo (profesor de Educación Física), Vanesa Cruz (cuidadora) e Judit Liñeiro representante do centro docente e organizadora da actividade extraescolar.

Con dúas horas (visita moi curta) de percorrido polas salas do museo, todos os mozos visitantes e as súas profesoras/es, gozaron ao máximo coas ensinanzas transmitidas na sesión e, por descontado, a competencia en diversos xogos tradicionais xurdiu espontaneamente. Gran entusiasmo, aínda que non obtiveron ningunha marca destacable, iso si, tentárono. A nena de 9 anos de idade Noa Silva foi a gañadora dos premios concedidos para a visita guiada.

Aínda que os «peques visitantes» eran moitos e de diferentes idades, os nenos e nenas foron moi disciplinados e ordenados, onde o guía do museo os felicitou polo seu bo comportamento e atención.

Tamén hai que destacar a colaboración dos titores co noso guía-director, que estiveron en cada momento acompañando aos seus alumnos e alumnas para que a sesión fose todo un éxito.

nenos xogando nos exteriores do melga

nenos e mestres nos exteriores do melga

nenos xogando no melga

nenos e nenas xogando a xogos populares no melga

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.